
"50 Anos de Pop, Rock e Malditismo na Música Galega" é unha completa base de datos dos grupos imprescindibles da escena galega desde os 60 elaborada por Fernando Fernández Rego –administrador da web lafonoteca.net-. Nel atopámonos con reseñas de máis de 70 grupos -biografía e discografía o completo-. Dende os Tamara e Andrés do Barro ata a actualidade analizando en profundidade movementos coma a Movidade de Vigo, o Rock Bravú e o desembarco indie dos 90. Ademáis personeiros coma Antonio de Los Cafres, Germán Coppini, Jesús Ordovás, Emilio José ou Xavier Valiño comentan a súa visión da música galega.
Por se fora pouco o libro ven acompañado por un doble CD con cancións de Apeiron, Emilio José, Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Franc3s, Sevigny, The Homens, Fanny+Alexander, Quant, Roger de Flor, Niño y Pistola, Maryland, Igloo, Holywater e moitos máis.
"Por fin ve a luz unha primeira entrega na que se recompila o mellor do pop-rock galego desde a súa alborada... Desde este momento tócache a ti, lector e, supoñemos, fanático da música: busca, investiga entre as páxinas encadernadas que tes nas mans, remexe entre todo o que o autor rescatou para ti".
Xavier Valiño
"Se non viviches aqueles momentos e non escoitaches aquela música, este é un libro imprescindible. E se viviches e escoitaches, aínda máis imprescindible"
Xosé Manuel Pereiro
O libro está editado por Toxosoutos e esperamos que saía a venda o vindeiro mes de Abril 2010.
ResponderEliminar